Valoración global
Valoración global
Dispoñibilidade
Confianza nos profesionais
Acollida recibida
Coordinación externa
Accesibilidade
Ser escoitados
Satisfacción coa información
Instalacións
A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá da comarca de Bergantiños (UDIAF Bergantiños), localizada na Avenida do Ambulatorio nº 39 de Carballo, C.P. 15100, teléfono 881 946 410 e enderezo electrónico bergantinos@atenciontemprana.com, é unha unidade dependente da Asociación Galega de Atención Temperá, entidade rexistrada co nº 1056 no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia (RUEPSS)
Esta unidade ten por obxectivo apoiar o desenvolvemento infantil e a inclusión sociofamiliar dos nenos e as nenas de 0 a 6 anos que o precisen, mediante a realización de intervencións preventivas e asistenciais de Atención Temperá dirixidas ao propio neno/a, á súa familia e ao seu contorno.
A duración do servizo será a que precise cada neno/a y estenderase ata que as necesidades poidan ser cubertas polos servizos ordinarios, sanitarios, sociais ou educativos, ou, en todo caso, cando cumpra 6 anos, de acordo coa norma establecida no Decreto 183/2013de 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá. Será prioritaria a atención aos nenos/as máis cativos, con grave afectación evolutiva ou que non dispoñan de outros medios asistenciais axeitados no seu contorno inmediato.
O aceso ao servizo de Atención Temperá efectúase de acordo coas seguintes normas:
– Mediante demanda do pai, nai ou representante legal mediante a correspondente solicitude cumprimentada e asinada.
– Mediante achega do dato de residencia no contorno asistencial do servizo, na comarca de Bergantiños, fotocopia DNI, tarxeta sanitaria e libro de familia.
As funcións do servizo de Atención Temperá son as seguintes:
– Acollida, valoración evolutiva e intervención interdisciplinaria dos nenos de 0 a 6 anos con trastornos ou situacións vulnerables do desenvolvemento.
– Achega e aplicación integrada de técnicas relacionais, de estimulación, psicomotricidade, logopedia e psicoterapia.
– Apoio emocional, social, informativo e formativo á familia relacionado coa información diagnóstica ou co trastorno do desenvolvemento.
– Información, orientación e apoio relacionado co desenvolvemento persoal e as necesidades cotiáns.
– Orientación sobre outros apoios económicos, sanitarios, educativos e sociais.
– Coordinación cos recursos sanitarios, educativos e sociais e apoio ás escolas infantís de primeiro e segundo ciclo.
– Análise de contextos e itinerarios con identificación de factores facilitadores e barreiras.
– Sensibilización do contorno comunitario respecto da comprensión do neno con trastornos no desenvolvemento.
O servizo dispón de profesionais con formación en desenvolvemento infantil e apoio familiar que cobren as áreas propias do servizo de atención temperá: psicóloga/coordinadora da UDIAF, especialista en desenvolvemento infantil-psicomotricista, logopeda.
– O servizo dispón dun taboleiro de anuncios no que se expoñen os requisitos de autorización do servizo.
– O servizo dispón, previa cita, dun horario de información e atención as familias por parte da persoa responsable do centro.
– O horario de atención directa á familia e ao neno será sempre en función das horas acordadas entre familia e servizo, e será realizado polo profesional que corresponda en función da actividade definida.
– As persoas acompañantes do neno/a estarán nos espazos comúns cando o profesional responsable así o indique con obxecto de obter un desenvolvemento máis axeitado das sesións.
– O mantemento e a frecuencia horaria na atención ao neno/ e a familia estará suxeito á capacidade do servizo e a súa dispoñibilidade horaria.
– Os cambios ou modificacións no réxime de asistencia ao centro deberán informarse á familia coa máxima antelación.
O servizo de Atención Temperá non estará suxeito a contraprestación económica por parte das persoas e as familias que o reciban.
– O centro dispón de follas de reclamacións e suxerencias que estarán a disposición das familias ou persoas que o soliciten.
– O centro exporá no taboleiro de anuncios toda aquela información que sexa de interese para o neno/a e a súa familia.
– O centro realizará reunións periódicas cos pais ou representantes legais do neno/a para informar do seu desenvolvemento.
Os dereitos das persoas beneficiarias son os legalmente establecidos e recoñecidos segundo a lexislación que regula os servizos sociais. Así mesmo, todas as persoas, en tanto que usuarias ou usuarios dos servizos terán os seguintes dereitos:
– A utilizar o servizo en condicións de igualdade e sen discriminación por razón de raza, sexo, orientación sexual, estado civil, idade, ideoloxía ou crenza.
– A recibir un trato acorde á dignidade da persoa e ao respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, tanto por parte do persoal como das persoas implicadas no servizo.
– A unha intervención individualizada acorde coas súas necesidades específicas, para conseguir o seu desenvolvemento integral.
– A recibir información de xeito áxil, suficiente e veraz, e en termos comprensibles.
– A ter asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia e a globalizade no proceso de intervención.
– Á confidencialidade, sixilo e respecto en relación aos seus datos persoais e información que sexa coñecida polo servizo en razón da intervención profesional, sen prexuízo do posible acceso aos mesmos no exercicio dunha acción inspectora,de conformidade coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
– A acceder ao seu expediente persoal e a obter copia dos informes contidos no mesmo.
– Á calidade das prestacións recibidas, podendo presentar suxestións e reclamacións e avaliar o traballo realizado mediante enquisas de satisfacción.
O pai ou nai teñen os deberes seguintes:
– Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso ao servizo, facilitando información precisa e veraz sobre a unidade familiar e comunicando as variacións que experimenten as mesmas.
– Comunicar ao persoal de referencia calquera cambio significativo de circunstancias que puidese implicar a interrupción ou modificación substancial da intervención proposta polo servizo.
– Colaborar co persoal encargado de prestarlles a atención necesaria, acudindo ás entrevistas cos mesmos e seguindo os programas e orientacións que lles prescriban.
– Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais, participando activamente no proceso que xere a intervención social na que sexan destinatarias.
– Participar de xeito activo no seu proceso de mellora, autonomía persoal e inserción social.
– Cando utilicen as instalacións do centro, observar os regulamentos e normas de funcionamento ou convivencia.
O neno/a poderá causar baixa por algunha das causas seguintes:
– Por renuncia escrita do pai, nai ou representante legal.
– Por baixa asistencial, unha vez que se acadan os obxectivos evolutivos previstos ou por derivación a outros servizos.
– Pola non xustificación de dúas faltas de asistencia as sesións ou citas, incumprimento da normativa vixente aplicable ou do programa asistencial.
– Por cambio no domicilio familiar habitual que implique residencia fora do ámbito da Comarca de Bergantiños.
– Por idade cronolóxica unha vez que o neno/a cumpra a idade límite de asistencia.
Concellos da Comarca de Bergantiños:
1.Malpica de Bergantiños | 2. Ponteceso | 3. Carballo | 4. Laracha | 5. Laxe | 6. Cabana de Bergantiños | 7. Coristanco
Luns a Venres – 9:00 a 14:30
Luns e Mércores – 16:00 a 20:00
Martes e Xoves – 16:00 a 19:00
Luns a Venres – 8:30 a 14:30